Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 12 de xuño de 2014 Páx. 26754

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1135/2011-F).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1135/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rubén Suárez Arceo contra a empresa Galeconfort, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

Sentenza: 107/2014.

Procedemento: autos número 1135/2011.

Na Coruña, 26 de febreiro de 2014.

Vistos por Miguel Ferreiro Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña, estes autos 1165/2011 seguidos por instancia de Rubén Suárez Arceo, representado polo letrado Sr. Espinosa Vieites, contra Galeconfort, S.L., e con intervención do Fogasa, que non comparecen, sobre reclamación de cantidade.

Antecedentes de feito:

Primeiro. A parte demandante antes citada formulou demanda con entrada o día 19.10.2011, que lle correspondeu por quenda a este xulgado contra a demandada xa mencionada, na que, despois de expor os feitos e fundamentos que considerou pertinentes, terminaba suplicando que se dite sentenza pola que se condene a empresa demandada ao pagamento da cantidade de 8.546,86 euros en concepto de nóminas dos meses de agosto de 2010 a xullo de 2011.

Segundo. Que, admitida a trámite a demanda, foron convocadas as partes aos actos de conciliación e xuízo que tiveron lugar coa asistencia da parte demandante, e que non compareceu a demandada pese a ser citada en legal forma. A demandante ratificou a demanda. Recibido o xuízo a proba pola parte demandante, propúxose interrogatorio de parte e documental e, logo de declaración de pertinencia, uníronse os documentos aos autos, co resultado que consta neles; seguidamente, as partes fixeron uso da palabra para conclusións en apoio das súas peticións e quedou o xuízo visto para sentenza.

Terceiro. Que na tramitación deste xuízo se observaron as prescricións legais vixentes.

Feitos probados:

Primeiro. A parte demandante prestou servizos para a empresa demandada desde o 5.12.2008, coa categoría de peón e percibindo un salario mensual bruto de 674,69 euros, incluíndo o rateo de pagas extraordinarias.

A empresa deu de baixa o demandante na Seguridade Social o 2.8.2011.

Segundo. A empresa demandada débelle á parte demandante a cantidade de 8.546,86 euros en concepto de salarios brutos de agosto de 2011 a xullo de 2010. Todo isto segundo a desagregación que se recolle no feito terceiro da demanda, que se dá por reproducido.

Terceiro. Con data do 14.10.2011 celebrouse acto de conciliación previa ante o Servizo de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC), co resultado de sen efecto por incomparecencia da conciliada.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A anterior relación fáctica despréndese da valoración conxunta da proba practicada en autos, e así da documental achegada pola demandante, comprensiva de contrato de traballo, informe de vida laboral e acta do servizo de conciliación. A iso engádese a aplicación do artigo 91.2 LPL/LRXS. Todo isto sen prexuízo do que se expresa a continuación verbo da valoración probatoria.

Segundo. No presente procedemento a parte demandante exerce reclamación de cantidade correspondente á indemnización debida e diversos conceptos salariais nos termos reflectidos no relato fáctico; a empresa demandada, correctamente citada, non compareceu.

O principio regulador da carga da proba nos supostos de reclamación de pagamento de cantidades por salarios devindicados e non percibidos determina que o reclamante estea obrigado a demostrar a prestación dos servizos cuxo pagamento reclama e, en consecuencia, a devindicación non satisfeita do salario correspondente a eles. É ao demandado, se exceptúa o pagamento ou calquera feito impeditivo ou extintivo, a quen incumbirá a carga de probar o dito pagamento ou calquera feito impeditivo ou extintivo –sentenzas do Tribunal Supremo do 13 de maio de 1986, 26 de xaneiro de 1988 e 2 de marzo de 1992–. A aplicación do onus probandi –coa consecuente imposición ao traballador da carga de acreditar o orzamento constitutivo da súa pretensión– determina a necesidade de que o empregador demandado xustifique o aboamento efectivo das retribucións reclamadas.

Por isto, correspóndelle ao empresario probar o pagamento dos salarios reclamados –feitos extintivos–, logrando acreditar o traballador os feitos constitutivos da súa reclamación pecuniaria, e en aplicación dos artigos 304 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, e 91.2 da Lei procesual laboral, cómpre térselle ante a súa incomparecencia e citación cos apercibimentos correspondentes, por recoñecidos os feitos que constan na demanda, tanto relación laboral, categoría profesional, antigüidade, salarios, como cantidades devindicadas durante os últimos meses da súa relación laboral, pero igualmente do mesmo xeito a falta de aboamento pola parte demandada.

Como consecuencia da proba articulada, no suposto de autos acreditáronse nas actuacións os presupostos constitutivos da obrigación, todo o cal comporta as obrigacións contidas nos artigos 4.2.f) e 29.1º e 53.4 do Estatuto dos traballadores, en relación co artigo 122.3 da Lei reguladora da xurisdición social, e correspondendo ao demandado a proba dos feitos que impidan, extingan ou enerven tales obrigacións (artigos 217.3º e 281 da LAC). De no se practicar a dita proba, a demanda debe ser estimada, con obrigación de aboamento das cantidades que se declararon probadas.

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

RESOLVO:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Rubén Suárez Arceo contra Galeconfort, S.L., con intervención do Fogasa, e, en consecuencia, debo condenar e condeno a parte demandada a que lle aboe á demandante a cantidade de 8.546,86 euros.

Modo de impugnación. Advírteselles ás partes que contra esta resolución poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro do cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto, a nome desta oficina xudicial, co número 1532 0000 36 1135 11, debendo indicar no campo concepto «recurso» seguido do código «34 Social suplicación», acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ser condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de Depósitos e Consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario no primeiro requirimento indefinido pola dita cantidade, no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Galeconfort, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de maio de 2014

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial