Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 20 de xuño de 2014 Páx. 28110

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución do modificado I da LMTS de alimentación ao aeroporto de Lavacolla (nova terminal de AENA) no concello de Santiago de Compostela. (Expediente IN407A 2011/230-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Expediente: IN407A 2011/230-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificado I da LMTS de alimentación ao aeroporto de Lavacolla (nova terminal de AENA).

Situación: Concello de Santiago de Compostela.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada, de alimentación principal, baixo tubo Ø160 mm, a 20 kV, de 13.055 metros de lonxitude, en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm2 Al), coa orixe na nova cela de liña que se instalará na subestación San Caetano (barra A) e remate en cela de liña que se instalará no novo centro de seccionamento Lavacolla proxectado (CS nº 1).

Liña de media tensión soterrada, de enlace da liña SCY-832 coa LMTA Lavacolla-Aeroclub, baixo tubo Ø160m, a 20 kV, de 1.645 metros de lonxitude, en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm2 Al), coa orixe na nova cela de liña que se instalará no CS nº 2 e remate no paso aerosubterráneo que se instalará en apoio metálico tipo C-3000/12 que se intercalará na liña Lavacolla-Aeroclub.

Liña de media tensión aérea, a 20 kV, de 85 metros de lonxitude, en condutor tipo LA-110/116,2 mm2 Al, coa orixe no novo apoio de formigón tipo FL-HVH 4500/13 e noutro novo apoio de formigón tipo FL-HVH 4500/13, mediante a que se superará a ponte sobre a autoestrada AP-9 existente no lugar de Amio.

Liña de media tensión aérea, de enlace da liña SCY-832 coa LMTA Lavacolla-Aeroclub, a 20 kV, de 158 metros de lonxitude, en condutor tipo LA-56/54,6 mm2 Al, coa orixe no paso aerosubterráneo que se instalará en apoio metálico tipo C-3000/12 que se intercalará na liña Lavacolla-Aeroclub e remate en apoio metálico existente na mesma liña, actual derivación ao CT Aeroclub (expediente 27.954).

Centro de seccionamento e transformación (CS/CT nº 1) de Lavacolla, prefabricado de formigón, con celas modulares compactas, en configuración 4L+1P de características:

Cela de protección de trafo Lavacolla de 160 kVA, cela de saída de LMTS de pontes de interconexión co centro de seccionamento nº 2, cela de entrada da nova LMTS proxectada, cela de saída da liña CLH (15CPL80), cela de saída de reserva de liña de conexión coas instalacións particulares de AENA (trafo nº 1), obxecto doutro proxecto e cadro de baixa tensión.

Redistribución das celas do centro de seccionamento nº 2 de Lavacolla (expediente IN407A 2010/161-1), prefabricado de formigón, con celas modulares compactas, en configuración 5L, quedando coas seguintes características :

Cela de saída de LMTS de pontes de interconexión co centro de seccionamento nº 1, cela de entrada da LMT SCY-832 (expediente IN407A 2010/161-1), cela de saída da liña de enlace da liña SCY-832 coa LMTA Lavacolla-Aeroclub, cela de entrada da liña SNT-806 (expediente IN407A 2010/186-1) e cela de liña de conexión coas instalacións particulares de AENA (trafo nº 2).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao medio.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 29 de maio de 2014

Por vacante (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013; DOG nº 140, do 24 de xullo)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial