Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 20 de xuño de 2014 Páx. 28113

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CÉDULA do 5 de xuño de 2014 pola que se notifica á empresa Ecoservicios e Bioconstrucción Atlas, S.L. a resolución do contrato de obras para a rehabilitación e posta en valor do centro de interpretación do castelo de Santa Cruz, na Guarda (Pontevedra), 2ª fase.

O órgano de contratación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, mediante Resolución do 23 de maio de 2014, acordou resolver o contrato de obras para a rehabilitación e posta en valor do centro de interpretación do castelo de Santa Cruz, na Guarda (Pontevedra), 2ª fase, polo estado de declaración de insolvencia total da empresa Ecoservicios e Bioconstrucción Atlas, S.L.

A notificación deste acordo foi intentada, porén non foi posible a súa práctica no enderezo que consta no expediente polo que, conforme o disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), mediante esta cédula notifícase aos interesados a dita resolución.

En atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, polo que se fai saber aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa ao seu dispor, no prazo de 10 días contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, nas dependencias do Servizo de Contratación de Bens e Servizos Culturais da Secretaría Xeral Técnica, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, sito no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 3, en Santiago de Compostela.

Mediante esta cédula tamén se cita o contratista para a súa asistencia ao acto de comprobación e medición das obras realizadas que terá lugar ás 10.00 horas do día 30 de xuño de 2014, conforme o establecido no artigo 222.1 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público (LCSP).

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interporse recurso contencioso-administrativo na Sala Contencioso-Administrativa do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, que comezará a contar o día seguinte ao da publicación desta notificación. Así mesmo, poderá recorrer contra ela de forma potestativa en reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo de un mes, que comezará a contar o día seguinte ao da publicación desta notificación; neste caso non poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto. Todo isto segundo os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de noviembre).

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2014

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria