Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 20 de xuño de 2014 Páx. 28115

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación Profesional de Letrados da Xunta de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral presentouse certificación da acta da asemblea ordinaria, onde se reflicte o acordo acadado o 25 de marzo de 2014, que consiste na modificación de estatutos da dita asociación.

– Denominación: Asociación Profesional de Letrados da Xunta de Galicia.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ambito profesional: as persoas que teñan a condición de funcionarios pertencentes á escala de letrados da Xunta de Galicia.

– Asinantes: Beatriz Allegue Requeijo e Guillermo González Tato.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2014

Odilo Martiña Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social