Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 20 de xuño de 2014 Páx. 28116

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 26 de maio de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se fai pública unha relación de notificacións de acordos de procedencia de reintegro de varias axudas e subvencións xestionadas nesta xefatura territorial.

Intentada a notificación destes acordos segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo para que poidan ter coñecemento delas.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que os asiste para interpor o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpor recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avenida da Habana, nº 79-7º, en Ourense, e a obter, se é o caso, copia deste, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 26 de maio de 2014

José Selas Souto
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: TR347D 2008/176-3.

Nome ou razón social: Nebik, S.C.

DNI/NIF/NIE/CIF: G32371981.

Último domicilio coñecido: Erbedelo, 31, entresollado 3, Acio Asesoría, 32002 Ourense.

Tipo de axuda: programas de incentivos á contratación por conta allea como medida para favorecer a inserción da mocidade.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro desta orde durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: base novena punto 1, anexo D, da Orde do 26 de marzo de 2008 (Diario Oficial de Galicia núm. 63, do 2 de abril).

Contido da resolución: acordo de procedencia de reintegro da axuda concedida.

Nº de expediente: TR345B 2008/45-3.

Nome ou razón social: Constantino Rodríguez Cortés.

DNI/NIF/NIE/CIF: 44453259D.

Último domicilio coñecido: Santo Domingo, 45, of. 4, 32003 Ourense.

Tipo de axuda: programa de incentivos a plans empresariais de estabilidade laboral.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro desta orde durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: artigo 14.5 da Orde do 19 de maio de 2008 (Diario Oficial de Galicia núm. 100, do 26 de maio).

Contido da resolución: acordo de procedencia de reintegro da axuda concedida.

Nº de expediente: TR341D 2011/1220-3.

Nome ou razón social: Purificación Garrido Belda.

DNI/NIF/NIE/CIF: 53395099R.

Último domicilio coñecido: barrio San Antonio, 16, 1º-2º, 25700 La Seu Dúrgell, Lleida.

Tipo de axuda: programa para a promoción do emprego autónomo.

Feito imputado: non manter a actividade que fundamenta a súa concesión durante un tempo mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: artigo 17.1.a) da Orde do 17 de marzo de 2011 (Diario Oficial de Galicia núm. 60, do 25 de marzo).

Contido da resolución: acordo de procedencia de reintegro da axuda concedida.