Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 20 de xuño de 2014 Páx. 28130

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 28 de maio de 2014, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social (RL 2014/0080-4).

Intentada a notificación persoal e devolta polo servicio de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola presente cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.

Expediente: RL 2014/0080-4.

Acta: I362014000014912.

Empresa: Sara Casal Fernández.

NIF: 77414889V.

Enderezo: praza da Pastoriza, 2, Vilanova de Arousa.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigos 14, 16, 30 e 31 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, e artigo 10 e seguintes do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro.

Preceptos sancionadores: artigos 5.2, 12.1.a), 39 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data resolución: 22.5.2014.

Resolución: multa de 2.046 €.

Fáiselle saber á interesada que pode formular recurso de alzada perante o director xeral de Traballo e Economía Social, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día ao da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que noutro caso incoarase o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda correspondente.

Vigo, 28 de maio de 2014

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo