Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 20 de xuño de 2014 Páx. 28129

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 27 de maio de 2014, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai público o inicio do procedemento de reintegro de axudas e subvencións xestionadas nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), intentada a notificación no último domicilio coñecido dos interesados sen que esta se puidese practicar, notifícaselle ás persoas citadas no anexo para que, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste edicto, comparezan persoalmente ou debidamente representadas no Servizo de Traballo e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Vigo; rúa Concepción Arenal, 8-2º (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres), para ter coñecemento do contido daquela, advertíndoas de que, de non facelo así se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que as asiste para alegar o que máis conveña aos seus intereses no prazo de quince días, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia ante a Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar.

Vigo, 27 de maio de 2014

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente de reintegro: REINT 2014/010-5.

Nome: Diseño de Molduras de Galicia, S.L.

NIE: B94010535.

Último enderezo coñecido: lg. Filgueiroa-Donramiro, 29, 36500 Lalín.

Tipo de axuda: axudas á contratación indefinida.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro.