Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 20 de xuño de 2014 Páx. 28060

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2014 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de xuño de 2014 polo que se declaran festas de Galicia de interese turístico a Festa da Rosa do concello de Mos e a Festa das Cereixas de Paiosaco no concello da Laracha.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaración de festas de Galicia de interese turístico, este organismo dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 12 de xuño de 2014, que a seguir se transcribe:

«Declarar festas de Galicia de interese turístico, de conformidade co establecido no Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaración de festas de Galicia de interese turístico, as seguintes:

– A Festa da Rosa, que se celebra o 13 de xuño no concello de Mos (Pontevedra).

– A Festa das Cereixas de Paiosaco, que se celebra o primeiro domingo de xullo, no concello da Laracha (A Coruña)».

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2014

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia