Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 20 de xuño de 2014 Páx. 28242

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO do acordo de aprobación definitiva do estudo de detalle dunha parcela sita na rúa Londres, número 2 da Coruña (expediente 631/282/2013).

O Pleno municipal en sesión que tivo lugar o día 5 de maio de 2014 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle de ordenación de volumes nunha parcela na rúa Londres, 2 na Coruña, para a reforma e ampliación do Hospital Santa Teresa (Grupo Quirón), promovido polo Instituto Policlínico Santa Teresa, S.A.

Segundo. Ordenar o dilixenciamento do estudo de detalle aprobado, así como continuar co cumprimento dos trámites administrativos recollidos nos artigo 92.2 e 3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para procurar a entrada en vigor do estudo de detalle.

Terceiro. Notificar o acordo de aprobación definitiva aos titulares catastrais, interesados no expediente, aos departamentos municipais de Licenzas e Disciplina Urbanística, Xestión do Solo, Sección de Patrimonio Urbanístico, Oficina de Delineación-SIG de Planeamento e á Área de Infraestruturas».

A documentación exixida polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, tivo entrada na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o día 26 de maio de 2014.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de calquera outro que se considere pertinente.

A Coruña, 26 de maio de 2014

César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo