De conformidade co Acordo da Alcaldía do 12 de xuño de 2014, por medio deste anuncio efectúase convocatoria do procedemento aberto, oferta economicamente máis vantaxosa, con varios criterios de adxudicación, para a adxudicación do contrato mixto de obra e subministración de execución da construción e equipamento dunha residencia no concello de Chandrexa de Queixa, cofinanciado pola Administración xeral do Estado (50 %) a través do Magrama e a Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar (50 %). Programa de desenvolvemento rural sustentable, protocolo xeral do 19.1.2011 (eixe 3, actuación 3.32.CA.1.), conforme os seguintes datos:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Concello de Chandrexa de Queixa.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.
c) Número de expediente: SEC 2014/006.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: obra e subministración de execución da construción e equipamento dunha residencia no concello de Chandrexa de Queixa.
b) Lugar de execución: concello de Chandrexa de Queixa.
c) Prazo máximo de execución: 20 meses.
d) Importe: 1.285.736,36 €, máis 270.004,65 € de IVE, que suma un total de 1.555.741,01 €.
e) Clasificación exixida:
Grupo |
Subgrupo |
Categoría |
C |
4 |
E |
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto multicriterio (non suxeito á regulación harmonizada).
4. Garantía provisional: non se exixe.
5. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: Concello de Chandrexa de Queixa.
b) Domicilio: Rúa do Concello, 19, Celeiros.
c) Localidade e código postal: Chandrexa de Queixa, 32786.
d) Teléfono: 988 33 40 00.
e) Fax: 988 33 40 56.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ás 14.00 horas do último día do prazo de presentación de ofertas. Se este é sábado, domingo ou festivo, prorrogaríase ao día seguinte hábil distinto de sábado.
6. Requisitos específicos do contratista: os establecidos na cláusula X do prego de cláusulas administrativas particulares.
7. Criterios de valoración das ofertas: os que figuran na cláusula XV do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación das ofertas:
a) Prazo de presentación: vinte e seis (26) días naturais que se contarán desde a última publicación.
b) Documentación que se presentará: a establecida na cláusula XI do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Chandrexa de Queixa, ou por correo, na forma indicada no artigo 80.4 do Regulamento xeral de contratos do Estado. Cando o último día para a presentación de ofertas coincida en sábado ou en día inhábil, o prazo entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.
9. Apertura das ofertas: segundo a cláusula XIV do prego de condicións.
10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.
11. Perfil de contratante e taboleiro de anuncios, onde figuran as informacións relativas á convocatoria e onde se poden obter os pregos: www.depourense.es
Chandrexa de Queixa, 12 de xuño de 2014
Francisco Rodríguez Rodríguez
Alcalde