1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Obtención de documentación e información:.
1. Dependencia: Servizo de Contratación.
2. Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.
3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
4. Teléfono: 881 99 51 74.
5. Telefax: 881 99 93 26.
6. Correo electrónico: contratación.cmati@xunta.es.
7. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do derradeiro día de presentación de ofertas.
d) Número de expedientes: 12/2014 SXT (XE).
2. Obxecto dos contratos:
2.1. Descrición: servizo para o apoio nas tarefas de análise e sistematización dos expedientes propios do Xurado de Expropiación de Galicia.
a) Tipo: servizo.
b) Prazo de execución/entrega: seis (6) meses.
c) Admisión de prórroga: si.
d) CPV (referencia de nomenclatura): 72310000-1.
2.2. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación: os especificados no punto 3.6.1 do prego de cláusulas administrativas particulares e na letra N do seu cadro de características.
d) Valor estimado do contrato: 205.326,36 €.
2.3. Orzamento base de licitación.
a) Importe neto: 102.663,18 €. Importe total: 124.222,45 €.
2.4. Garantías exixidas:
Definitiva (5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE): 5.133,16 €.
2.5. Subcontratación: de acordo co establecido no punto 6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.
2.6. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non se exixe.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada no punto 3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares e nas letras J e K do seu cadro de características.
2.7. Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20630
3. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincidise en día inhábil, o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.
b) Modalidade: a sinalada no punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1. Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.
2. Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.
3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Admisión de variantes: non.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O devandito prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
4. Apertura de ofertas:
a) Descrición: apertura pública.
b) Dirección: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e hora de apertura dos sobres B e C.
5. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2014
P.D. (Orde do 15.3.2012; DOG núm. 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas
