Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 27 de xuño de 2014 Páx. 29233

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1266/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1266/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ramón Lendoiro Esmorís contra a Academia Corcasa, S.L., se ditou sentenza o día 14 de abril de 2014 cuxa decisión é do seguinte teor literal:

Decisión:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por José Ramón Lendoiro Esmorís fronte á empresa Academia Corcasa, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, á elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A dita opción deberá exercerse en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que se tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que aboará a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 7.441,20 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 34,57 euros €/día;

3º. No suposto de readmisión, o demandante deberá reintegrar a indemnización que puidese ter recibido polo despedimento declarado improcedente. Noutro caso, acórdase a compensación entre a indemnización que se puido recibir polo despedimento e a que se fixa na presente sentenza.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz de reforzo do social da Coruña.

E para que conste e se publique no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación á empresa demandada Academia Corcasa, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán no taboleiro de anuncios do xulgado, salvo as que revistan a forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 2 de xuño de 2014

A secretaria xudicial