De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das adminitracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle a Concepción Pérez Muñiz (Peluquería Conchita Martínez), con DNI 33304950F, o requirimento de documentación en relación á revisión periódica oficial por un Organismo de Control Autorizado (OCA) para actuar na Comunidade Autónoma de Galicia, do centro de bronceado con número CB2700142-1, situado na rúa Monte Faro, 29, Lugo, do que é titular.
Así mesmo, infórmase a interesada de que, de non presentar a documentación requirida nun prazo máximo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, procederase á apertura do correspondente expediente sancionador, así como ao precintado do devandito aparello de bronceado, segundo se establece no artigo 8 do Decreto 253/2004, do 7 de outubro, polo que se regulan as actividades de bronceado artificial mediante radiacións ultravioleta.
Lugo, 11 de xuño de 2014
José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo
