Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 27 de xuño de 2014 Páx. 29252

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a formalización do contrato para a obra de ampliación do CEIP de Sada e o seu contorno, fase I (A Coruña) (expediente 28/13-O).

Segundo o artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise público que o secretario xeral técnico, actuando en nome do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2012, acordou darlle publicidade á formalización do seguinte contrato de obras:

1. Obra de ampliación do CEIP de Sada e o seu contorno (fase I) (A Coruña).

1.1. Adxudicataria: Obras y Servicios Gómez Crespo, S.L.

1.2. Importe de adxudicación: 562.574,45 € (IVE excluído).

1.3. Data de adxudicación: 10 de xuño de 2014.

1.4. Data de formalización do contrato: 11 de xuño de 2014.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2014

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria