A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, con data do 9 de abril de 2014, ter por desistida a Antonia Pérez García da solicitude de ampliación de prazo para executar a orde de restitución, e con data do 29 de abril de 2014 acordou a imposición dunha segunda multa coercitiva derivada como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 4 de abril de 2013, de proceder á retirada da caseta prefabricada e da piscina e a demolición da escaleira de formigón, executadas dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de praia de Hucha, termo municipal de Arteixo (A Coruña).
Ao non poderse realizar a notificación persoal das resolucións, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícanselle á interesada as ditas resolucións.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro das resolucións que se notifican se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo as notificacións entenderanse producidas.
Contra a resolución de imposición dunha segunda multa coercitiva, a interesada pode interpor recurso de reposición ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpor directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2014
María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
