M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5533/2012 desta sección, seguido por instancia de José Manuel Guerra Calvelo, Asefa, S.A. Seguros y Reaseguros contra Mapfre, S.A., Hermanso Conde Rivera, S.L., Ana María Mareque Maceira, Sandra Mareque Maceira, Raquel Mareque Maceira, Patricia Mareque Maceira, María Isabel Mareque Maceira, Aurea Maceira Suárez, Mónica Mareque Castro, sobre outros dereitos de Seguridade Social, se ditaron en datas 21 de abril de 2014 e 20 de maio de 2014 as seguintes resolucións:
Decidimos.
Que estimando en parte os recursos de suplicación interpostos por Asefa, S.A. Seguros y Reaseguros e José Manuel Guerra Calvelo contra a sentenza de data 12 de decembro de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela en autos seguidos por instancia de Ana María Mareque Maceira, Sandra Mareque Maceira, Raquel Mareque Maceira, Patricia Mareque Maceira, María Isabel Mareque Maceira, Aurea Maceira Suárez, Mónica Mareque Castro, contra José Manuel Guerra Calvelo, Asefa Seguros y Reaseguros, Hermanos Conde Rivera, S.L. e Mapfre, a Sala revógaa en parte e, declarando prescrita a acción de todas as demandantes salvo a de Mónica Mareque Castro, condena as demandadas a aboarlle en concepto de indemnización por danos e perdas a cantidade de 3.477,59 €. Procédase á devolución ás recorrentes dos depósitos e das diferenzas entre as cantidades consignadas e as obxecto de condena.
Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.
Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta Sala do Social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer na conta de consignacións desta sala, sección aberta en Banesto co número 1552, e deberá indicar no campo concepto «Recurso», seguido do código «35 Social casación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, o código «35 Social casación». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.
Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.
A Sala acorda que debe estimar a aclaración interesada e modifícase a decisión da sentenza no sentido de sinalar que a cantidade que debe percibir Mónica Mareque Castro ascenda a 9977,59 €.
Notifíqueselles ás partes advertíndolles que contra esta resolución non cabe recurso ningún, sen prexuízo dos que procedan, se é o caso, contra a resolución a que se refira a solicitude ou aclaración de oficio.
Así, por este o noso auto, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.
Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
E para que conste e lle sirva de notificación en forma á empresa Hermanos Conde Rivera, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto.
A Coruña, 4 de xuño de 2014
A secretaria xudicial
