Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 27 de xuño de 2014 Páx. 29229

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (783/2010).

Procedemento ordinario 783/2010.

Sobre: ordinario.

Demandantes: Francisco Javier Tejo Nieves, Victoria García Fernández, Jacobo Rodríguez Abuín, Roberto Tejo Nieves, Rubén Losada Bello.

Demandados: Vázquez Carollo, S.L., Beatriz Borrajo Dios, Jorge Borrajo Dios, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Panadería Pablo, S.L., Churume, S.L.

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 783/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Javier Tejo Nieves, Victoria García Fernández, Jacobo Rodríguez Abuín, Roberto Tejo Nieves, Rubén Losada Bello, contra a empresa Vázquez Carollo, S.L., a súa administradora concursal Beatriz Borrajo Dios, o Fondo de Garantía Salarial, Panadería Pablo, S.L., Churume, S.L. e o seu administrador concursal Jorge Borrajo Dios, sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza, cuxo fallo se xunta:

«Decisión:

Estimo a demanda formulada por Francisco Javier Tejo Nieves, Victoria García Fernández, Jacobo Rodríguez Abuín, Roberto Tejo Nieves e Rubén Losada Bello fronte ás empresas Vázquez Carollo, S.L., Panadería Pablo, S.L. e Churume, S.L., con condena das demandadas de forma conxunta e solidaria ao aboamento das cantidades seguintes:

A Francisco Javier Tejo Nieves a de 6.902,42 €.

A Luisa Victoria García Fernández a de 6.460,11 €.

A Jacobo Rodríguez Abuín a de 5.435,2 €.

A Roberto Tejo Nieves a de 1.114,36 €.

A Rubén Losada Bello a de 5.409,19 €.

En todos os casos cos xuros previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores e coa responsabilidade subsidiaria do Fogasa para o suposto de insolvencia das obrigadas principais.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes, facéndolles saber que contra esta poderá interporse recurso de suplicación no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O maxistrado».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Vázquez Carollo, S.L., Panadería Pablo, S.L., Churume, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2014

A secretaria xudicial