Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 813/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Carbia Ramos e Pablo Vázquez Carbia contra as empresas Pasteadores Castelao, S.L., Campoaríns, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza, cuxa decisión se xunta:
«Decido:
Estimo a demanda formulada por Miguel Carbia Ramos e Pablo Vázquez Carbia fronte ás empresas Pasteadores Castelao, S.L., Campoaríns, S.L., con condena das demandadas de forma conxunta e solidaria ao aboamento das cantidades seguintes:
A Miguel Carbia Ramos a de 6.933,18 €.
A Pablo Vázquez Carbia a de 7.354,45 €.
En todos os casos cos xuros previstos no último parágrafo do fundamento de dereito terceiro desta sentenza e coa responsabilidade subsidiaria do Fogasa para o suposto de insolvencia das obrigadas principais.
Notifíqueselles a presente sentenza ás partes facéndolles saber que contra esta se poderá interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación.
Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.
O maxistrado».
E para que lle sirva de notificación en legal forma a Pasteadores Castelao, S.L., Campoaríns, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2014
A secretaria xudicial
