Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 30 de xuño de 2014 Páx. 29490

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 11 de junio de 2014, da Área Provincial de Ourense, pola que se notifica a resolución de reintegro da subvención para a adquisición dunha vivenda de protección autonómica, expediente 32-Q-114/04, á persoa interesada.

De conformidade co disposto nos artigos 57, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada a resolución do procedemento administrativo que se detalla no anexo.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 11 de xuño de 2014

Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: 32-Q-114/04.

Responsable: Bianca Isabel Blanco Dijkoff.

Enderezo: Alcalde Manolo Lamas, número 11, 2º dereita, Ourense.

Resolución que se notifica: reintegro da subvención para a adquisición dunha vivenda de protección autonómica.