Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 30 de xuño de 2014 Páx. 29457

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2014/21-2, 8157 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310, do 27 de decembro), e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: LMTS 20 kV Buxo, 8, Mar Cantábrico, 31. Mar Cantábrico.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas: LMTS en canalización existente e proxectada (expediente 8152-AT), consistente en anelar o CT proxectado no expediente 8152-AT entre os CT Mar Cantábrico (7456) e o CT Buxo 8 (2046), cunha lonxitude de 364 metros en condutor tipo RHZ1-240 mm. Desmóntase o condutor existente (RHZ1-95 mm) entre o CT Mar Cantábrico e o CT Buxo 8.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 3 de xuño de 2014

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo