Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 30 de xuño de 2014 Páx. 29410

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2014, de corrección de erros á Resolución do 2 de xuño de 2014, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai pública a lista definitiva de admitidos e excluídos para participar nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de profesores de ensino secundario da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 17 de marzo de 2014 (Diario Oficial de Galicia do 26 de marzo), publicada no Diario Oficial de Galicia do 12 de xuño.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 111, do xoves 12 de xuño de 2014, cómpre efectuar as seguintes modificacións:

No anexo I, admitidos definitivos, disciplina 590005-Xeografía e Historia:

Excluír a opositora que figura como nº 31, Freire Labrada, Montserrat, DNI 33326390B que pasa a formar parte do anexo II, excluídos definitivos, na quenda B e pola causa de exclusión nº 2.

Incluír na orde alfabética correspondente, na quenda libre, a «Alexandre Teixeiro, Paula, DNI 32696847R, exenta das probas de castelán e galego» que debe ser eliminada no anexo II, excluídos definitivos.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2014

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos