IV. Oposicións e concursos
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
CORRECCIÓN de erros. Orde do 10 de xuño de 2014 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional para o curso académico 2014/15, entre o persoal docente pertencente aos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación familiar, ao persoal opositor do ano 2014, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo.
Advertidos erros na citada orde publicada no Diario Oficial de Galicia número 116, do 19 de xuño de 2014, cómpre efectuar as seguintes modificacións:
Na páxina 27851, no anexo IV, na Escola de Arte Antonio Faílde, onde di: «localidade Lugo», debe dicir: «localidade Ourense».
E na mesma páxina, anexo IV, na Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais, onde di: «localidade Lugo», debe dicir: «localidade Pontevedra».