Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 1 de xullo de 2014 Páx. 29555

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ACORDO do 20 de xuño de 2014, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, polo que se dá publicidade ás modificacións non substanciais da delimitación do Camiño de Santiago Inglés, incoada pola Resolución do 3 de outubro de 2012, nos termos municipais de Ferrol, Narón, Oroso e Santiago de Compostela, e se abre un trámite de audiencia para as persoas interesadas.

Dentro dos actos de instrución do procedemento de delimitación do Camiño Inglés incoado coa Resolución da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural do 3.10.2012 (DOG núm. 199, do 18 de outubro), e na fase de participación dos interesados no marco sección 4 do capítulo III do título VI da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP), e en atención ás referidas alegacións e conforme as conclusións dos correspondentes informes, proponse a variación dos tramos da traza e do seu territorio histórico nos concellos de Ferrol, Narón, Oroso e Santiago de Compostela.

Isto conduce á necesidade de adoptar as medidas necesarias para lograr o pleno respecto aos principios de contradición e de igualdade dos interesados no procedemento segundo o que establece o artigo 85.3 da LRXAP.

En consecuencia, e para cumprir, así mesmo, co principio de publicidade,  procede realizar de oficio un anuncio no Diario Oficial de Galicia co fin de que calquera persoa física ou xurídica que poida ter a condición de interesada, por resultar afectada polo novo trazado e territorio histórico proposto, poida examinar o expediente e formular alegacións, conforme o artigo 84.2 da LRXAP, no prazo de 15 días.

Por todo o anterior

ACORDO:

1. Dar publicidade da nova delimitación proposta da traza e do territorio histórico da ruta do Camiño de Santiago Inglés nos termos municipais de Ferrol, Narón, Oroso e Santiago de Compostela no Diario Oficial de Galicia.

2. Sinalar as dependencias da Servizo de Planeamento e Inventario da Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural en Santiago de Compostela (Edificio Administrativo San Caetano, bloque 3, 2º, 15781 Santiago de Compostela), o Servizo de Patrimonio Cultural da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña), e nos lugares que establezan os concellos devanditos, como lugar de exhibición do expediente para os interesados afectados pola modificación proposta.

3. A documentación do expediente consta dun informe xustificativo da Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural, así como unha separata xustificativa por cada un dos concellos en que se producen as modificacións, que consta dos seguintes puntos: antecedentes e modificacións propostas, descrición da proposta e xustificación do trazado, descrición do ámbito (coa relación de parcelas afectadas pola proposta de modificación, se é o caso), relación de elementos patrimoniais vinculados ao camiño, anexo fotográfico e planos.

4. Establecer un prazo de quince días desde o día seguinte á publicación no DOG, para que os interesados afectados pola modificación proposta poidan formular as alegacións que sexan do seu interese.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2014

María del Carmen Martínez Ínsua
Directora xeral do Patrimonio Cultural

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file