Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 1 de xullo de 2014 Páx. 29563

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2014 pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 21 de marzo de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a actividades de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio 2014.

En cumprimento do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e do artigo 11 da Orde do 21 de marzo de 2014, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a actividades de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2014, procédese á publicación das subvencións concedidas en virtude da devandita orde para o ano 2014.

Obxecto da axuda: as axudas teñen como obxecto subvencionar as actividades de fomento da prevención de riscos laborais recollidas no artigo 3 da orde de referencia, que establece como actuacións subvencionables as seguintes:

Na liña 1, cun importe total de 300.000,00 euros, subvencionaranse programas de formación intersectorial en materia de prevención de riscos laborais de ámbito galego.

Na liña 2, cun importe total de 1.190.000,00 euros, subvencionaranse outras accións de fomento da prevención de riscos laborais, que deberán estar incluídas na seguinte relación:

Liña 2.1. De formación, destinadas aos traballadores e traballadoras galegas:

• Formación específica sectorial en prevención de riscos laborais destinada a traballadores e traballadoras activas e en situación de desemprego, delegados e delegadas de prevención de empresas galegas preferentemente de entre 6 e 49 persoas traballadoras, recursos preventivos e traballadores e traballadoras designados en empresas de menos de 49 traballadores que asuman con medios propios a actividade preventiva da empresa.

Liña 2.2. Estudos e traballos técnicos relacionados coa seguridade e saúde laboral:

• De investigación e prospección para a análise da mellora das condicións de traballo en sectores concretos da actividade económica.

Liña 2.3. De difusión, sensibilización e intercambio de experiencias (conferencias, xornadas, seminarios e publicacións):

• Liña 2.3.1. Gabinetes técnicos sectoriais de difusión normativa e técnica, en relación coa Lei de prevención de riscos laborais e normativa de desenvolvemento.

• Liña 2.3.2. Accións divulgativas de sensibilización para investimento específico en prevención de riscos laborais e/ou de intercambio de experiencias e boas prácticas en seguridade e saúde laboral.

• Liña 2.3.3. Realización de materiais e ferramentas prácticas para implantar actuacións en seguridade e saúde laboral.

Norma reguladora: Orde do 21 de marzo de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a actividades de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2014 (DOG núm. 61, do 28 de marzo).

Crédito orzamentario: 1.490.000,00 € (un millón catrocentos noventa mil euros) recollido na aplicación orzamentaria 11.02.324B.481.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014.

Beneficiarios da subvención e importe desta: véxase o anexo.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2014

P.D. (Disposición adicional segunda da Orde do 21.3.2014)
Odilo Martiñá Rodríguez
Director Xeral de Traballo e Economía Social

anexo

Expediente SXPA

Razón social

CIF

Importe concedido

1

Asociación de Empresarios de Transportes Discrecionales de Mercadorías da provincia de Pontevedra (Asetranspo)

G36627719

7.000,00

3

Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Lugo

G27010081

40.000,00

5

Federación Galega de Transportes de Mercadorías (Fegatramer)

G15086358

7.000,00

6

Asociación Galega de Áridos

G36345718

10.500,00

7

Asociación Galega de Servizos para Eventos (Agase)

G70011416

4.000,00

8

Federación de Autónomos de Galicia (Feaga)

V15440639

20.000,00

9

Confederación Intersindical Galega

G36706927

85.120,00

11

Asociación Provincial de Empresarios da Construcción da Coruña

G15033160

32.000,00

12

Organización de Empresas Prestadoras de Servizos Sociais-OEPSS

G70239496

10.000,00

13

Federación Gallega de Comercio

G27170158

14.000,00

14

Asociación de Traballadores por Conta Propia

G15812811

15.000,00

15

Unión Sindical Obrera de Galicia (USO Galicia)

G15380033

40.000,00

17

Federación Empresarial Gallega de Productores de Pesca-Fegapesca

G27780360

40.000,00

18

Confederación de Empresarios da Coruña

G15029960

25.000,00

19

Asociación Intersectorial e Interterritorial de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia

G36550630

15.000,00

20

Sindicato Labrego Galego

G27023951

28.000,00

21

Confederación de Empresarios de Lugo

G27019793

25.000,00

22

Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos de Ourense

G32005837

5.000,00

23

Unións Agrarias-UPA

G15115322

35.760,00

26

Asaja Galicia

G15557143

30.000,00

28

Confederación Empresarial de Ourense

G32012742

25.000,00

29

Asociación Gallega de Empresas de Ingeniería, Consultoría y Servicios Tecnológicos (Ageinco)

G36942720

4.500,00

30

Fundación Laboral de la Construcción

G80468416

30.000,00

31

Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Pontevedra

G36614071

30.000,00

33

Fegafon

G15435969

10.000,00

35

Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Ourense

G32015828

32.000,00

36

Federación Gallega de Talleres (Fegat)

G15140718

6.000,00

37

Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia (Asime)

G36614774

96.865,37

38

Fundación para la Pesca y el Marisqueo-Fundamar

G27745397

40.000,00

39

Unión de Asociacións de Traballadores Autónomos de Galicia (Uatae Galicia)

G15987449

3.000,00

40

Asociación Provincial de Graniteiros

G32297145

6.000,00

42

Autónomos de Galicia-Auga

G15798465

20.000,00

44

Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería da Coruña

G15083215

9.000,00

45

Federación de Sindicatos Independentes do Ensino de Galicia-FSIE Galicia

G32119075

2.000,00

46

Asociación de Empresas de Expertos de Seguridade de Galicia (Aesga)

G36748093

8.000,00

47

Asociación de Empresas do Cerramento de Galicia-Aecalpo

G36274306

5.000,00

48

Federación Galega de Parques Empresariais (Fegape)

V15650369

12.000,00

49

Asociación Galega de Pizarristas

G32016990

10.000,00

50

Central Sindical e Independente de Funcionarios (CSIF-Galicia)

G70228713

40.159,56

51

Organización de Productores Artesanais de Galicia Opaga

G70004692

45.000,00

54

Fegatrans

G32400293

7.000,00

55

Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia

G15103112

106.000,00

56

Asociación Clúster del Granito

G36644961

3.000,00

58

Asociación Clúster do Naval Galego (Aclunaga)

G15710338

15.000,00

59

Confederación de Empresarios de Pontevedra

G36615219

22.000,00

60

Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería y Turismo de Lugo

G27021005

4.000,00

61

Confederación de Empresarios de Galicia (CEG)

G15080476

190.000,00

62

CECAP GALICIA Federación Galega de Empresas de Formación

G15299027

6.000,00

63

Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT-Galicia)

G15383011

185.697,50

64

Asociación de Excavadores de Galicia

G36563708

10.500,00

65

Asociación Provincial de Empresarios de Transporte Frigorífico y Mercancías por Carretera (Atefrimer)

G36636579

2.400,00

66

Federación Provincial de Empresarios de Hostelería de Pontevedra

G36614907

7.497,57

67

Asociación de Instaladores Eléctricos e de Telecomunicacións de Ourense e Provincia (Instalectro)

G32111155

6.000,00

68

ANPE Sindicato Independiente

G78248630

2.000,00

Total

1.490.000,00