Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 1 de xullo de 2014 Páx. 29647

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO polo que se fai pública a delegación do Concello de Oia na Deputación Provincial de Pontevedra para que exerza as facultades de inspección da liquidación da taxa pola utilización do solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais por empresas subministradoras de servizos de interese xeral (taxa do 1,5 %), así como da inspección da liquidación provisional do imposto sobre construcións, instalacións e obras, e da taxa por licenza de obras.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 30 de maio de 2014, acordou por unanimidade aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de recursos locais realizou o Concello de Oia, por Acordo do Pleno, do 6 de marzo de 2014, e seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de inspección da liquidación da taxa pola utilización do solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais, por empresas explotadoras de servizos de subministración de interese xeral (taxa 1,5 %), así como da inspección da liquidación provisional do imposto sobre construcións, instalacións e obras (ICIO) e da taxa por licenza de obras, así como a emisión, recadación e revisión da liquidación definitiva de cada un destes tributos do Concello de Oia.

A citada delegación levaraa a cabo a Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 2 de xuño de 2014

Rafael Louzán Abal Carlos Cuadrado Romay
Presidente da Deputación Secretario da Deputación
Provincial de Pontevedra Provincial de Pontevedra