Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 1 de xullo de 2014 Páx. 29646

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO polo que se fai pública a delegación do Concello de Vilaboa na Deputación Provincial de Pontevedra para que exerza as facultades de xestión, inspección, liquidación, recadación e revisión do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 30 de maio de 2014, acordou por unanimidade aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de recursos locais realizou o Concello de Vilaboa, por Acordo do Pleno, do 28 de marzo de 2014, e seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de xestión, inspección, liquidación, recadación e revisión do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana (IIVTNU) do Concello de Vilaboa.

A citada delegación levaraa a cabo a Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 2 de xuño de 2014

Rafael Louzán Abal Carlos Cuadrado Romay
Presidente da Deputación Secretario da Deputación
Provincial de Pontevedra Provincial de Pontevedra