Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 1 de xullo de 2014 Páx. 29645

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación, polo procedemento aberto, para a contratación da subministración e instalación dun sistema de videovixilancia CCTV nas instalacións do servizo de recollida de RSU da Deputación Provincial de Ourense.

No Perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, da subministración e instalación dun sistema de videovixilancia CCTV nas instalacións do servizo de recollida de RSU da Deputación Provincial de Ourense, cun tipo de licitación de 24.000 euros (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente a aqueles que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso n 32, ou por teléfono: 988 38 52 02 e fax: 988 38 51 84 ou na páxina web da deputación www.depourense.es

Ourense, 18 de xuño de 2014

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense