Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 1 de xullo de 2014 Páx. 29644

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de nomeamento, por libre designación, dunha funcionaria para o posto de xefa do Servizo de Asistencia Xurídica do concello.

De conformidade coas bases específicas publicadas no BOP da Coruña nº 9, do 15 de xaneiro de 2014, e mediante anuncio publicado no DOG nº 15, do 23 de xaneiro de 2014, convocouse para a súa provisión, polo procedemento de libre designación, o posto de traballo de xefe do Servizo de Asistencia Xurídica do Concello de Santiago de Compostela.

Por Decreto da concelleira-delegada de Persoal, do 9 de maio de 2014, resólvese a citada convocatoria e noméanse por libre designación a funcionaria que se indica no anexo, que deberá tomar posesión do posto adxudicado de conformidade co establecido na base sexta da convocatoria e no artigo 48 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

O que se publica para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2014

P.D. (Xunta de Goberno Local do 28.2.2013)
Amelia González Brandariz
Concelleira delegada de Persoal

ANEXO

Nome e apelidos: María Luisa Prego de Oliver López.

DNI: 33269471-V.

Grupo: A1.

Corpo ou escala: xeral.

Posto de traballo: xefe do Servizo de Asistencia Xurídica.

Nivel: 28.