Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 1 de xullo de 2014 Páx. 29643

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Manzaneda

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do Plan especial de protección do núcleo histórico.

De conformidade co aprobado coa unanimidade do Pleno da Corporación, en sesión do 30 de maio de 2014, e para os efectos de cumprimento do disposto polo artigo 86 da Lei 9/2002, do 30 de decembro (e sucesivas modificacións), de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese ao trámite de información pública o Plan especial de protección do núcleo histórico de Manzaneda (Ourense), polo prazo de dous meses contados desde o día en que se produza a última publicación deste anuncio (xornais-DOG), para os efectos de que se poidan presentar reclamación e/ou suxestións.

O documento está ao dispor no concello, onde poderá ser examinado de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

O que se fai público para os efectos legais procedentes.

Manzaneda, 4 de xuño de 2014

David Rodríguez Estévez
Alcalde