Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 2 de xullo de 2014 Páx. 29724

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos

EDICTO (398/2010).

Nos autos de ordinario número 398/2010, seguidos por instancia do procurador Carlos García Brandariz, en nome e representación de Teresa Taboada Corral, contra Mª Isabel Urresti Larrosa, ditouse con data do 28 de febreiro de 2013 sentenza, que contén o encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

Sentenza nº 20/1013.

Xuízo ordinario 398/2010.

Betanzos, 28 de febreiro de 2013.

Vistos por min, Ana I. Sánchez Mira, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Betanzos, os presentes autos de xuízo verbal sobre reclamación de cantidade, seguidos ante este xulgado baixo o número 398/2010, por instancia de Teresa Taboada Corral, representada polo procurador Sr. García Brandariz, contra Mª Isabel Urresti Larrosa, en rebeldía.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Teresa Taboada Corral, representada polo procurador Sr. García Brandariz, contra Mª Isabel Urresti Larrosa, en rebeldía, e condeno a demandada a aboar á demandante a cantidade de 3.400 euros, suma á cal deberá engadirse o xuro legal do diñeiro incrementado en dous puntos; todo iso con expresa imposición das custas á parte demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación no termo dos vinte días seguintes ao da súa notificación. Para o que deberá terse en conta o disposto en canto ao depósito de determinada cantidade de diñeiro, na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a cal foi engadida mediante a reforma operada pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro, complementaria da Lei de reforma da lexislación procesual para a implantación da nova oficina xudicial.

Así, por esta a miña sentenza, xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado xuíz que a subscribe, estando a celebrar audiencia no día da súa data, do que dou fe.

E en cumprimento do acordado, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e para que sirva de notificación en forma á demandada Mª Isabel Urresti Larrosa, expídese este edicto.

Betanzos, 16 de xullo de 2013

Eva Ortiz Suárez
Secretaria xudicial