Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 2 de xullo de 2014 Páx. 29726

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (139/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 139/2012 por instancia da Fundación Laboral da Construción contra a empresa Promociones Pena do Salnes-Construcciones, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre sentenza, nos cales se ditou sentenza o 3.6.2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase a demanda formulada por Fundación Laboral de la Construción fronte á empresa Promociones Pena del Salnes-Construcciones, S.L. e, en consecuencia, condénase a empresa Promociones Pena del Salnes-Construcciones, S.L. a aboar á Fundación Laboral da Construción a cantidade de cento trinta e catro euros con cincuenta e nove céntimos de euro (134,59 euros) en concepto de achega á indicada fundación, incluída recarga por demora.

Notifíquese a resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Promociones Pena del Salnes-Construcciones S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 9 de xuño de 2014

A secretaria xudicial