Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 4 de xullo de 2014 Páx. 30005

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 18 de xuño de 2014 pola que se modifica a Orde do 31 de marzo de 2011 (Diario Oficial de Galicia número 68, do 6 de abril), en virtude da cal se convocaron para a elección de destino os aspirantes que superaron na fase de resultas o proceso selectivo convocado pola Orde do 26 de decembro de 2002 para o acceso á categoría 033 (condutor de motobomba de defensa contra incendios forestais) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, no ámbito provincial de Lugo, en cumprimento da sentenza do 7 de xuño de 2013 ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo no procedemento abreviado número 256/2011.

En virtude da Orde do 17 de xuño de 2014 (DOG núm. 125, do 3 de xullo) modificouse a Orde do 16 de marzo de 2011 (DOG núm. 59, do 24 de marzo) pola que se elevou a definitiva a proposta de aspirantes que superaron na fase de resultas o proceso selectivo para o acceso á categoría 033 (condutor de motobomba de defensa contra incendios forestais) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, no ámbito provincial de Lugo, en cumprimento da sentenza do 7 de xuño de 2013 ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo no procedemento abreviado número 256/2011.

Unha vez determinada a relación de aspirantes que superan en execución da sentenza a fase de resultas do proceso selectivo, de conformidade co previsto na base décimo primeira, esta consellería

DISPÓN:

Convocar os aspirantes que superaron na fase de resultas o proceso selectivo para o acceso á categoría 033 (condutor de motobomba de defensa contra incendios forestais) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, no ámbito provincial de Lugo, ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar no salón de actos número 2 (salón pequeno) da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza o día 8 de xullo de 2014 ás 11.00 horas.

Os aspirantes convocados poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde.

A orde de elección de destino virá dada pola orde de prelación resultante do proceso selectivo que figura no mesmo anexo.

No caso de solicitar excedencia voluntaria por incompatibilidade deberán presentarse ao chamamento cun certificado do responsable da unidade de persoal en que conste que o interesado presta servizos na actualidade na Administración, ou ben documentación que o acredite.

Os aspirantes deberán ir provistos/as de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Aos aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino definitivo as prazas que lles correspondan atendendo á orde de publicación destas e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas aos aspirantes presentes ou representados, entre as que quedaran sen adxudicar.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os aspirantes poderán interpoñer con carácter potestativo, recurso de reposición perante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde a mesma data ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, de acordo cos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2014

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

Anexo

Ámbito de Lugo

Aspirantes convocados

NIF

APELIDOS E NOME

1

33844622F

ARIAS PUMAR, PEDRO

2

76620866T

SALGADO FERNÁNDEZ, JOSÉ ANTONIO

3

76548887B

GARCÍA CELA, JOSÉ MANUEL

4

34264269L

FERNÁNDEZ DÍAZ, JOSÉ ANTONIO

Postos ofertados

NÚM.

CÓDIGO DO POSTO

CONS.

DENOMINACIÓN

GRUPO/CATEG.

CENTRO DESTINO

CENTRO DIRECTIVO

CONCELLO

OBSERVACIÓNS

1

MRC995007227180058

MR

CONDUTOR/A MOTOBOMBA SPDCIF

IV-033

COMARCA FORESTAL: A FONSAGRADA

SERVIZOS PERIFÉRICOS

A FONSAGRADA

B12=292,05 €, COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDADE POR PENOSIDADE.COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDADE DE ESPECIAL DEDICACIÓN. COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDADE POR TOXICIDADE. COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDADE POR PERIGOSIDADE. LABORAL FIXO-DESCONTINUO

2

MRC995007227180059

MRC995007227180060

MRC995008127300059

MR

CONDUTOR/A MOTOBOMBA SPDCIF

IV-033

COMARCA FORESTAL: TERRA DE LEMOS

SERVIZOS PERIFÉRICOS

MONFORTE DE LEMOS

B12=292,05 €, COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDADE POR PENOSIDADE.COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDADE DE ESPECIAL DEDICACIÓN. COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDADE POR TOXICIDADE. COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDADE POR PERIGOSIDADE. LABORAL FIXO-DESCONTINUO

5

MRC995008227160058

MR

CONDUTOR/A MOTOBOMBA SPDCIF

IV-033

COMARCA FORESTAL: CHANTADA

SERVIZOS PERIFÉRICOS

CHANTADA

6

MRC995008227160060

7

MRC995008327490048

MR

CONDUTOR/A MOTOBOMBA SPDCIF

IV-033

COMARCA FORESTAL: QUIROGA

SERVIZOS PERIFÉRICOS

QUIROGA

8

MRC995008327490049