Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 4 de xullo de 2014 Páx. 30039

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Ribadumia (expediente IN407A 2014/94-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: recuamento LMTS, CBD 803, Ribadumia 3 en Santa Baia.

Situación: Ribadumia.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 370 metros de lonxitude, con orixe no centro de distribución Pousada e final no apoio metálico existente CH-2500/17,5 da LMT CBD 803 Ribadumia 3 que vai ao centro de transformación Mamoela. A instalación está situada en Santa Baia, Ribadumia.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 5 de xuño de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra