Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 4 de xullo de 2014 Páx. 30036

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se autoriza a execución do proxecto de desmontaxe e peche dunha instalación eléctrica no concello de Cangas (expedientes AT 1966/2, IN407A 2002/324 e IN407A 2007/604-4).

Visto o expediente para a autorización de desmontaxe e peche da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: desmontaxe e peche subestación Cangas 66 kV.

Situación: San Pedro, Cangas.

Elementos que se van desmontar:

Parque de 66 kV, parque GIS provisional 66 kV, transformadores de potencia, parque de 20 kV, parque móbil 20 kV, servizos auxiliares, pontes de cable de potencia, cables de control e estrutura metálica.

De acordo co disposto no artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e nos artigos 135 a 139 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, o peche de instalacións esta suxeito a un procedemento de autorización. En consecuencia esta xefatura territorial resolve:

Autorizar a execución das actuacións recollidas no proxecto de desmontaxe e peche da subestación Cangas 66 kV, concedéndolle un prazo de 12 meses, a partir da recepción deste documento, para a súa realización.

O remate dos traballos descritos neste proxecto deberá ser comunicado a esta xefatura territorial, coa finalidade de que sean comprobadas as actuacións realizadas e emitir a preceptiva acta de peche de instalacións, tal e como dispón o artigo 139 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das actuacións autorizadas.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que coide pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 5 de xuño de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados

Nº predio

Polígono

Parcela

Lugar

Uso

Nome e apelidos

Superficie ocupada

Superficie total
(incluída servidume) (m2)

Expropiación en pleno dominio

1

41

182

Monte Sangal (referencia catastral: 36011A041001820000JK)

Pasto arbustivo e forestal

Comunidade de Montes O Sangal

Liña MT: 32,7 m lonxitude x 0,4 m sección gabia = 13,036 m2

Centro-Seccionamento: 7,4 m x 3,05 m = 22,57 m2

Liña MT: 32,59 m lonxitude x 1,3 m sección gabia = 35,88 m2

Centro-Seccionamento: 9,4 m x 7,05 m = 66,27 m2

Si

2

41

9002

Monte Sangal (referencia catastral: 36011A041090020000JG)

Camiño rural (ben de uso e dominio público )

Concello de Cerdedo

Liña MT: 758,6 m lonxitude x 0,4 m sección gabia = 303,44 m2

Liña MT: 759  m lonxitude x 1,3 m sección gabia = 986,18 m2

Non

3

41

171

Monte Sangal (referencia catastral: 36011A041001710000JG)

Pasto arbustivo, improdutivo e forestal

Comunidade de Montes O Sangal

Liña MT: 66,7 m lonxitude x 0,4 m sección gabia = 26,672 m2

Liña MT: 66,68 m lonxitude x 1,3 m sección gabia = 86,68 m2

Si