Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 4 de xullo de 2014 Páx. 30022

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (498/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despido/cesamentos en xeral 498/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Palmira Ordónez Patiño contra Servanza, S.L., Fogasa sobre despedimento se ditou sentenza nº 222 cuxos encabezamento e decisión son do teor literal:

Sentenza.

En Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2014.

Vistos por Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza en comisión de servizo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 498/2013 seguidos por instancia de Palmira Ordóñez Patiño asistida pola letrada Mª José Liste, contra a entidade Servanza, S.L., Carlos, Natividad e Sandra Piñeiro Silva e Fogasa que non comparecen a pesar de estar debidamente citados; sobre despedimento.

Dedico que debo estimar e estimo a demanda presentada por instancia de Palmira Ordóñez Patiño asistida pola letrada Mª José Liste, contra a entidade Servanza, S.L., Carlos, Natividad e Sandra Piñeiro Silva que non comparece a pesar de estar debidamente citada, con intervención de Fogasa e, en consecuencia, debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento da demandante efectuado pola demandada por falta de chamamento da traballadora para a prestación de servizos, e declaro extinguida a data da presente resolución a relación laboral que vinculaba á demandante coa entidade Servanza, S.L., e debo condenar e condeno a mercantil demandada a que lle aboe á demandante a suma de 6.201,64 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación contractual, e a suma de 1.388,77 euros en concepto de liquidación de salarios máis o 10 % de xuros de demora do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores sobre esta última cantidade.

No que incumbe á responsabilidade do Fogasa deberá aterse ao disposto no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Tense por desistida a parte demandante da acción exercida fronte a Carlos, Natividad e Sandra Piñeiro Silva, absolvéndoos de todos os pedimentos efectuados na súa contra.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Inserir nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Servanza, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2014

A secretaria xudicial