Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 4 de xullo de 2014 Páx. 30020

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (225/2014).

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 225/2014 deste xulgado do social, seguidos por instancia de María Jesús Triñanes Rivas contra a empresa Servanza, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a seguinte sentenza, cuxa decisión se xunta:

«Decido.

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por instancia de María Jesús Triñares Rivas, asistida pola letrada Mª José Liste López, contra a entidade Servanza, S.L., Carlos, Natividad e Sandra Piñeiro Silva que non comparece a pesar de estar debidamente citada, con intervención de Fogasa, e, en consecuencia, debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento da demandante efectuado pola demandada por falta de chamamento da traballadora para a prestación de servizos, e declaro extinguida a data da presente resolución a relación laboral que vinculaba a demandante coa entidade Servanza, S.L., e debo condenar e condeno a mercantil demandada a que lle aboe á demandante a suma de 9.198,04 € en concepto de indemnización pola extinción da relación contractual, e a suma de 1.388,77 € en concepto de liquidación de salarios máis o 10 % de xuro de demora do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores sobre esta última cantidade.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa deberá observarse o disposto no artigo 33 do ET.

Tense por desistida a parte demandante da acción exercida fronte a Carlos, Natividad e Sandra Piñeiro Silva, absolvéndoos de todos os pedimentos efectuados na súa contra.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

A anterior resolución entregaráselle ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Servanza S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2014

A secretaria xudicial