Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 4 de xullo de 2014 Páx. 30019

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (798/2010).

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 798/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gustavo Pérez Rial contra a empresa Fogasa, Esmeralda Bestue, S.L., sobre ordinario, foi ditada a sentenza cuxa parte dispositiva di:

«Resolvo:

Estimar a demanda formulada por Gustavo Pérez Rial contra a empresa Esmeralda Bestue, S.L., con condena da demandada ao aboamento da cantidade de 15.812,24 euros en concepto de salarios debidos e liquidación por fin de contrato cos xuros de demora do artigo 29.3 ET, todo isto coa responsabilidade subsidiaria do Fogasa para o suposto de insolvencia.

Notifíquese a presente sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela non poderá interporse recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza.

O maxistrado».

E para que sirva de notificación en legal forma a Esmeralda Bestue, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2014

A secretaria xudicial