Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 4 de xullo de 2014 Páx. 30018

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (223/2011).

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de seguridade social 223/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Financiera Maderera, S.A. contra a empresa Industrias Vicaño, S.L., Ángel Lorenzo Saborido, Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), Tesouraría Territorial da Seguridade Social, sobre seguridade social, foi pronunciada a sentenza cuxa parte dispositiva di:

«Resolvo:

Estimar a demanda interposta por Financiera Maderera, S.A. contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Industrias Vicaño, S.L. e Ángel Lorenzo Saborido, e revogar a resolución do Instituto Nacional da Seguridade Social do 14 de decembro de 2010 no senso de exonerar a demandante Financiera Maderera, S.A. da recarga de prestacións imposta.

A presente sentenza non é firme e contra ela poderá interporse recurso de súplica no prazo de 5 días contando do seguinte ao desta notificación, para ser resolto polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así o acordo, mando e asino, Francisco José del Pozo Sánchez».

E para que sirva de notificación en legal forma a Industrias Vicaño, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2014

A secretaria xudicial