Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 4 de xullo de 2014 Páx. 30017

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 1284/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber:

«Sentenza.

A Coruña, 27 de maio de 2014.

Vistos por Carmen Sangiao Pereira, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 1284/2013, seguidos por instancia de Mª del Carmen Rey Ameijeiras, representada pola letrada Eva Leis Rolón, contra Ángela María Eiroa Alonso e o Fogasa, que non comparecen, sobre reclamación de cantidade.

Resolvo que, estimando a demanda interposta por Mª del Carmen Rey Ameijeiras contra Ángela Mª Eiroa Alonso, debo condenar e condeno esta a aboarlle a cantidade de 8.001,65 euros, máis o dez por cento de xuros de demora. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela cabe recurso de suplicación.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

Para que conste e se insira no Diario Oficial de Galicia, a fin de que sirva de notificación a Ángela María Eiroa Alonso, co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nas dependencias do xulgado, salvo as que revistan a forma de emprazamento, sentenzas e autos.

A Coruña, 12 de xuño de 2014

A secretaria xudicial