Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 4 de xullo de 2014 Páx. 30015

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense

EDICTO (875/12).

María Regina Domínguez Cougil, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Recreativos Llamas, S.L. fronte a María del Carmen Díaz Nieto, María Jesús Olmos Valencia, Stylo Café Bar A Ponte, S.L., ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

Na cidade de Ourense o 14 de marzo de 2014.

Vistos por María del Pilar Domínguez Comesaña, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 dos desta cidade os autos de xuízo ordinario número 875/2012 seguidos ante este xulgado por instancia da procuradora Lucía Saco Rodríguez quen, asistida da letrada Sara Prada López, actúa en representación de Recreativos Llamas, S.L. contra María Jesús Olmos Valencia, María del Carmen Díaz Neto e contra Stylo Café Bar A Ponte, S.L.; a primeira comparece representada pola procuradora Eva Álvarez Coscolín e defendida polo letrado Javier González Sánchez, as demais, en situación procesual de rebeldía. Versan os presentes autos sobre resolución de contrato e reclamación de cantidade.

Decido que, estimando a demanda presentada pola procuradora Lucía Saco Rodríguez en representación de Recreativos Llamas, S.A. contra María Jesús Olmos Valencia, María Carmen Díaz Nieto e Stylo Café Bar A Ponte, S.L., se declare resolto o contrato de instalación e explotación de máquinas recreativas, subscrito entre as partes, con data do 20 de novembro de 2003 e se condenen as demandadas a aboar solidariamente á demandante a cantidade de 12.626,08 euros en concepto de parte do préstamo pendente de amortizar.

A citada cantidade devindica desde a data desta sentenza o xuro previsto no artigo 576 da LAC.

As custas impóñense ás demandadas.

Esta sentenza non é firme. Contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días desde a súa notificatión perante este xulgado e perante a Audiencia Provincial de Ourense, con suxeición ao disposto no artigo 458 da LAC.

Indícase á recorrente que non se admitirá a trámite o recurso se, ao interpoñelo, non acredita documentalmente constituír o depósito de 50 euros que para recorrer exixe a LOPX, así como liquidar a taxa creada pola Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E atopándose o devandito demandado, María del Carmen Díaz Nieto, Stylo Café Bar A Ponte, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Ourense, 14 de marzo de 2014

A secretaria xudicial