Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 4 de xullo de 2014 Páx. 30096

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Bergondo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Número do expediente: SV-A-02-2013.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo para a realización de actividades socioeducativas, preventivas e de promoción social dos servizos sociais comunitarios do Concello de Bergondo (abrangue dous programas: Programa de envellecemento activo e Programa de ocio dirixido a persoas con diversidade funcional).

b) Lugar de execución: Concello de Bergondo.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, con multiplicidade de criterios de adxudicación.

4. Orzamento de licitación.

Precio anual: 112.321,82 € sen IVE; máis o IVE (10 %): 11.232,18 €; 123.554,00 € IVE incluído (importe total contrato, incluíndo eventual prórroga: 298.588,83 €).

5. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: o 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Bergondo.

Enderezo: estrada da Coruña, nº 12.

Localidade e código postal: 15165 Bergondo.

Teléfono: 981 79 12 52.

Fax: 981 79 42 33.

Perfil do contratante: www.bergondo.es

7. Clasificación do contratista: non se exixe.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 15 días naturais, contado desde o seguinte ao da última publicación do presente anuncio de licitación no BOP ou no DOG, das 9.00 ás 14.30 horas.

b) Hora límite: ata as 14.30 horas do último día do prazo de presentación.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación.

d) Lugar de presentación: Concello de Bergondo. Rexistro xeral. Estrada da Coruña, nº 12, 15165 Bergondo.

9. Criterios de adxudicación do contrato:

9.1. Plans de actuación para cada un dos programas: ata 40 puntos, cláusula 16.1.1 do prego.

9.2. Oferta económica: ata 30 puntos, cláusula 16.1.2 do prego.

9.3. Formación académica e experiencia profesional dos recursos humanos propostos: ata 30 puntos, cláusula 16.1.3 do prego.

9.4. Melloras ofertadas: ata 25 puntos, cláusula 16.1.4 do prego.

10. Apertura das ofertas.

a) Data: o terceiro día hábil seguinte a aquel en remate o prazo de presentación de proposicións. No caso de cadrar en sábado, trasladarase ao día hábil seguinte.

b) Hora: 13.00 horas.

11. Outras informacións: obteranse no lugar e polos medios indicados no punto 6 do presente anuncio.

12. Gastos do adxudicatario.

Serán por conta do adxudicatario os gastos sinalados nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Bergondo, 27 de xuño de 2014

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa