Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 4 de xullo de 2014 Páx. 30099

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública (expediente 79/2014).

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar o 19 de maio de 2014, acordou aprobar inicialmente o estudo de detalle para ordenar os volumes edificables e concretar as condicións estéticas e de composición para a construción dunha edificación de uso comercial, en substitución da existente na actualidade, nun ámbito localizado entre a avenida de Bértoa, a rúa Xosé Manuel Eirís, a rúa Gustavo Freire e a rúa Fernado Camarot, promovido pola entidade Lidl Supermercados, S.A.U., que afecta directamente as parcelas catastrais 5758032NH2855N0001KM, 5758015NH2855N0001AM e 5758016NH2855N0001BM.

O que se somete a información pública por un prazo de vinte (20) días en cumprimento do artigo 86.2 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, coas modificacións seguintes, co fin de que as persoas que se consideren afectadas por el poidan examinar o expediente e deducir, de ser ocaso, as alegacións ou observacións que xulguen oportunas.

Carballo, 12 de xuño de 2014

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde