Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 4 de xullo de 2014 Páx. 30100

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Forcarei

ANUNCIO de información pública sobre impacto ambiental de construción de naves para cría de visóns nas Carpaceiras (A Graña de Umia).

Celtic Mink, S.L. presentou nestas dependencias o estudo de impacto ambiental relativo ao proxecto de construción de 48 naves para cría de visóns no lugar das Carpaceiras-A Graña de Umia (Quintillán), no concello de Forcarei.

O dito estudo recibiu informe favorable da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Xunta de Galicia como órgano ambiental competente para avaliar o impacto ambiental dos proxectos (clave 2013/0105).

En cumprimento do disposto no artigo 9.1 do Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos, sométese a información pública o referido estudo de impacto ambiental, que foi redactado polos enxeñeiros técnicos agrícolas Ramón Martínez Mouriño, Gabino Grande Toro e Manuel Sangiao Sanmartín, visado no Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas da Coruña-Pontevedra, o 24 de xuño de 2014, co nº 275/14 (Po).

Os interesados poden examinar o referido documento e demaís información que integra o expediente, nas oficinas municipais deste concello, como órgano substantivo, polo prazo de 30 días hábiles, que comezará a contar desde o seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia (o último en publicarse) e formular, por escrito, as reclamacións ou observacións que consideren convenientes.

Forcarei, 30 de xuño de 2014

Belén Cachafeiro Anta
Alcaldesa