Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 8 de xullo de 2014 Páx. 30549

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 25 de xuño de 2014, do Servizo de Consumo da Coruña, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 15R002/75/2014.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe do Servizo de Consumo da Coruña.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na praza Luís Seoane, s/n (Edificio Administrativo Monelos, 2ª andar, ala norte) da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 25 de xuño de 2014

Víctor Tello Calvo
Xefe do Servizo de Consumo da Coruña

ANEXO

Expediente: 15R002/75/2014.

Interesada: Reformas Amable, S.L.

CIF: B-70169313.

Acto notificado: inicio de expediente.