Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 8 de xullo de 2014 Páx. 30547

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 20 de xuño de 2014, da Área Provincial de Turismo de Lugo, pola que se dá audiencia aos interesados no procedemento de baixa da autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 e 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle e outórgaselle audiencia aos titulares dos establecementos que no anexo se mencionan, no procedemento de baixa da autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante visita da inspección comprobouse que nos establecementos que se relacionan no anexo non se realiza nin exerce a actividade turística para que foron autorizados no seu día.

Ao considerar que nos expedientes non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, este servizo de turismo acordou, ao abeiro do establecido no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma Galega, iniciar o expediente de baixa de oficio dos establecementos relacionados no anexo.

O que se notifica aos titulares dos establecementos referidos para que no prazo de quince (15) días poidan efectuar as alegacións que xulguen pertinentes, podendo examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos no Servizo de Turismo de Lugo.

Lugo, 20 de xuño de 2014

P.S. (Resolución do 9.6.2014)
Francisco López Castro
Xefe da Sección de Infraestrutura Turística

ANEXO

Establecemento: Viajes Atlántico.

Signatura: XG-LU-000035.

Titular: Viajes Atlántico, S.A.

Enderezo: Galería Campo Castelo, local 8-9.

Concello: Lugo.

Establecemento: Viajes Bariloche.

Signatura: XG-LU-000050.

Titular: Mª del Mar Corrales Posada.

Enderezo: rúa Nueva Apertura, 1.

Concello: Foz (Lugo).