Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 8 de xullo de 2014 Páx. 30546

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 23 de xuño de 2014 pola que se notifica o requirimento de emenda da solicitude de fraccionamento da débeda relativa á multa-sanción imposta no expediente 107C 2009/34-0 devolta polo servizo de Correos por ser descoñecido o destinatario.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 12 de maio de 2014, ditou o requirimento para corrixir os defectos observados na solicitude de fraccionamento da débeda relativa á multa-sanción imposta a José Luis López Madarro no expediente 107C 2009/34-0.

Ao non poderse realizar a notificación persoal, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita notificación.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase ao interesado que o texto íntegro da notificación se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística