Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 8 de xullo de 2014 Páx. 30510

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2014/24-2, 8160 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro) e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: LMTS (20 kV) a CD Auditorio Lugo.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas: LMTS en canalización existente e proxectada (expediente 8161 AT), consistente en anelar o CD Auditorio Lugo proxectado no expediente 8161 AT entre o CD A. Olga 13 (5402) e o CD A. Olga 14 (11958), cunha lonxitude de 120 metros en condutor tipo RHZ1-240 mm.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 12 de xuño de 2014

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo