Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 8 de xullo de 2014 Páx. 30508

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2011/69-2, 7907 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a seguir se citan:

Solicitante: Vilares Lugo, S.L.

Domicilio social: San Roque, 59, entrechán B, 27002 Lugo.

Denominación: liña de media tensión 20 kV e CT 100 kVA.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

• LMTS a 20 kV, con orixe no apoio de seccionamento do CT Conturiz 1, alimentado pola LMT Nadela-Sub. Mercedes e final no CT proxectado, cunha lonxitude de 328 metros de condutor tipo RHZ-150.

• CT de manobra exterior en edificio prefabricado tipo Ormabat, cunha potencia proxectada de 100 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V, no cal se instalan unha celda de liña e unha de protección.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 19 de maio de 2014

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo