Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 8 de xullo de 2014 Páx. 30530

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se acorda someter a información pública o proxecto de orde pola que se establecen disposicións de xestión do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia regulado polo Decreto 200/2012, do 4 de outubro, para a acreditación anual das explotacións agrarias prioritarias.

O proxecto de orde pola que se establecen disposicións de xestión do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia regulado polo Decreto 200/2012, do 4 de outubro, para a acreditación anual das explotacións agrarias prioritarias, ten por obxecto desenvolver os artigos 12 e 13 do dito decreto no sentido de regular o procedemento para entregar ao órgano competente da Consellería do Medio Rural e do Mar a declaración responsable anual que acredite que se manteñen as condicións do recoñecemento da explotación como prioritaria, así como establecer a modulación das marxes brutas ou netas para as distintas actividades produtivas.

De acordo co exposto e de conformidade co establecido no parágrafo segundo do artigo 42.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, que establece que cando o contido e a repercusión da disposición o aconsellen, será sometida a información pública,

ACORDO:

Someter a información pública, polo prazo de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, o proxecto de orde pola que se establecen disposicións de xestión do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia regulado polo Decreto 200/2012, do 4 de outubro, para a acreditación anual das explotacións agrarias prioritarias.

O texto do proxecto de orde poderá consultarse no seguinte enderezo electrónico:

http://www.medioruralemar.xunta.es/nc/institucional/transparencia/elaboracion_de_disposicions_proxectos_e_actos_administrativos/

As persoas interesadas, dentro do prazo sinalado, poderán enviar as súas alegacións preferentemente mediante correo electrónico ao seguinte enderezo electrónico:
reximexuridico.cmrm@xunta.es, alternativamente, mediante a presentación do escrito dirixido á Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo da Consellería do Medio Rural e do Mar en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, ou ben presentando as suxestións no anterior enderezo electrónico.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2014

Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar