Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 8 de xullo de 2014 Páx. 30560

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Poio

ANUNCIO (expediente 106/13).

Asunto: (expediente 106/2013) anuncio do proxecto de expropiación da senda peonil de peirao do Covelo e praia do Laño no Covelo, parroquia de Samieira.

A Xunta de Goberno Local, en sesión realizada o día 2 de xuño de 2014, acordou iniciar o procedemento de expropiación de urxencia, por taxación conxunta, das tres parcelas que é necesario ocupar do proxecto de urbanización dun tramo da senda peonil do porto do Covelo á praia do Laño, no lugar do Covelo, parroquia de Samieira, deste termo municipal, promovido polo Concello de Poio e redactado polo enxeñeiro Alfredo Montero Vaz, con data de xaneiro de 2013.

Procédese a publicar a relación concreta e individualizada das tres parcelas que é necesario ocupar, durante o prazo dun mes, mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia e no Diario de Pontevedra, de conformidade co disposto nos artigos 143 e seguintes da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. Os interesados poderán no prazo dun mes, facer as alegacións que consideren oportunas.

O proxecto e o expediente de expropiación pódense consultar no Servizo de Urbanismo ou oficina técnica municipal do Concello.

Número predio

Propietario e enderezo

Sup. afectada m2

Bens afectados

447 do polígono 8

Herdeiros de Digna González Fernández de Casas.

Rúa García Camba, nº 10, 4º A, Pontevedra.

92,148 m2

Terreo inculto con canaval silvestre

448 do polígono 8

Herdeiros de Digna González Fernández de Casas.

Rúa García Camba, nº 10, 4º A, Pontevedra

67,00 m2

Terreo inculto con canaval silvestre

449 do polígono 8

Manuel Balboa Lor, con domicilio na rúa Marquesa, nº 2, 1º Pontevedra.

79,00 m2

Terreo inculto con canaval silvestre

Poio, 12 de xuño de 2014

Luciano Sobral Fernández
Alcalde